Lingua kott
Kott | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Extinción: | Século XIX | |
Familia: | Linguas turcas Linguas turcas siberianas Linguas na-dené Linguas ieniseianas Kott | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xss — Assan
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua kott (kot) (en ruso: Коттский язык) é unha lingua ieniseiana extinta que era empregada na Siberia central a beiras do río Mana, un afluente do río Ienisei, no sur do krai de Krasnoiarsk. Extinguiuse nos anos 1850s. Esta lingua está estreitamente relacionada coa ket, aínda falada ao longo do norte do río Yenisei. O assan, outra lingua próxima, é ás veces considerada un dialecto do kott.[1]
En 1858, Matthias Castrén publicou un dicionario e unha gramática (Versuch einer jenissei-ostjakischen und kottischen Sprachlehre), que inclúe material do kott e do ket. Tamén existe un libro feito por G.K. Verner sobre a lingua kott.[2]
Kott está influenciado polas linguas turcas, das que teñen algunhas palabras. Por exemplo, en kott baktîr- ‘loar’ vén do prototúrquico *paktïr ou kolá ‘cobre, latón’ vén do prototúrquico *kola.[3] Así mesmo, os lingüistas tratan de relacionar as linguas ieniseianas cun grupo máis grande, conectándoas coas linguas na-dené, unha familia de linguas nativas americanas empregadas en Alasca, no oeste do Canadá e polo suroeste dos Estados Unidos, no que serían as linguas dené-ieniseianas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Werner, Heinrich (1997). Abriß der kottischen Grammatik [Esquema da gramática kott] (en alemán). Wiesbaden: Harrassowitz. pp. 5–6. ISBN 3-447-03971-X.
- ↑ Verner, G. K. (Г. К. Вернер) (1990). Kottsky yazyk Коттский язык [Lingua kott] (en ruso). Rostov-na-Donu: Izdatel'stvo rostovskogo universiteta. ISBN 5-7507-0357-6.
- ↑ Khabtagaeva, Bayarma (2015). "Some Remarks on Turkic Elements of Mongolic Origin in Yeniseian". Studia Etymologica Cracoviensia (en inglés) 20 (2): 111–126. doi:10.4467/20843836SE.15.008.2794.